estatocisto

estatocisto

(< estato- + -cisto)

s m [BIOL]

Órgano hidroestático do equilibrio que está presente en moitos invertebrados. Cada estatocisto está constituído por unha cavidade central, chea de líquido, delimitada por unha parede de células sensoriais ciliadas, cos cilios dirixidos cara á cavidade central. No interior da cavidade central hai uns corpúsculos móbiles chamados estatólitos, formados por gránulos de carbonato cálcico, de area ou doutros materiais, que, segundo a posición do animal no espacio, descansan sobre unhas células ou outras da parede, e estimulan os diferentes cilios das células; deste xeito proporciónanlle información ao animal sobre a posición do corpo, ou dunha parte do mesmo. Os canais semicirculares do oído dos vertebrados teñen unha función semellante. Tamén se denomina otocisto.

Palabras veciñas

estatístico -ca | estato- | estatoblasto | estatocisto | estator | estatorreactor | estatoscopio