Estela
Estela
[ONOM]
Antropónimo feminino de orixe cristiá procedente dunha advocación da Virxe María nas ladaíñas Stella matutina ‘estrela da mañá’, aínda que é posible que teña raíces máis antigas. Presenta o hipocorístico Telluca. Houbo unha mártir no s III chamada Estela nas Galias. A súa festividade celébrase o 30 de maio.