Estelí
Estelí
Departamento de Nicaragua, situado ao NO, preto da fronteira con Honduras (2.335 km2; 174.894 h [1995]). A capital é Estelí (71.550 h [1995]). A gandería é a principal actividade económica, complementada con cultivos de algodón, café e cereais. Posúe xacementos de carbón e ouro.