esterco

esterco

(< lat stercŏre)

s m

Excrementos animais mesturados con restos vexetais que se empregan para fertilizar a terra. Na tradición oral recóllense ditos como: “Bota esterco ao pan, que as terras cho pagarán. Con esterco e rega non hai mala terra. O esterco non é santo, pero onde cae fai milagros”.

Ex: Xuntamos esterco suficiente para estrar a horta.

Sinónimos

Citas

  • Xuntamos esterco suficiente para estrar a horta.

Refráns

  • a esterco é o pai e a nai da terra.
  • a esterco na terra é a nai da colleita.
  • a esterco non é santo pero onde cae fai milagros.
  • Esterco de charamela, todo é purrela.
  • Esterco de fieito, gran polo peito.
  • Esterco de folla, gran pola trolla.
  • Esterco de palla, gran pola barba.
  • Esterco de silva, gran pola crisma.
  • Esterco de xesta, gran por enriba da testa.
  • Fai esterco na roda do ano, que non che será sobrado.
  • No estercar e no sachar non debes reparar, se queres colleitar.
  • Para estercar fíxose o esterco.