estereoquímica

estereoquímica

(

s f [QUÍM]

Parte da química que trata da estrutura tridimensional das moléculas, é dicir, da distribución ou da posición relativa no espazo dos átomos ou grupo de átomos que as constitúen e dos efectos sobre as súas propiedades químicas. A mediados do s XIX descubriuse que cos métodos analíticos que se empregaban podíase chegar a asignar a mesma fórmula estrutural a máis dun composto. As teorías e as regras da estereoquímica concibíronse e establecéronse coas correccións necesarias para evitar estes defectos.