estimador -ra

estimador -ra

(< lat aestimātōre)

  1. adx e s

    Que ou quen estima.

  2. s m [MAT]

    Sucesión estatística que converxe segundo un determinado criterio de converxencia estocástica cara a un parámetro, chamado parámetro do estimador. Un estimador puntual asocia á realización dun suceso un único valor do parámetro, mentres que un estimador por intervalos lle asocia un intervalo de confianza do parámetro.

Palabras veciñas

estima | estimable | estimación | estimador -ra | estimanza | estimar | estimativa