estípite

estípite

(< lat stipĭte ‘estaca,tronco’)

  1. s m [BOT]

    Estrutura vexetal semellante a un talo.

  2. s m [ARTE]

    Columna ou pilastra coa parte inferior máis fina ca a superior, en forma de pirámide invertida. Adoita funcionar como un soporte ou como un elemento decorativo. Foi un elemento propio da arquitectura do Barroco hispánico e americano.

  3. s m [RELIX/ARTE]

    Poste vertical da cruz.