Estixe

Estixe

(

[MIT]

Río dos infernos. Segundo a Teogonía de Hesíodo, fillo máis vello de Océano e Tetis, e segundo Hixino, fillo da Noite e do Érebo. Adoita presentarse como muller de Palante e nai de Zelo, Nice, Cratos e Bía, é dicir, o Celo, a Victoria, o Poder e a Forza. Axudoulle a Zeus na loita contra os xigantes e, como recompensa, dispuxo que os xuramentos solemnes que pronunciasen os deuses nas súas augas fosen inviolables.

Palabras veciñas

estival | estivisilva | estivo | Estixe | estixio -xia | esto | Esto, O