estocástico -ca

estocástico -ca

(< grστοχαστικός ‘hábil enconxecturar’)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao azar.

  2. proceso estocástico [MAT]

    Proceso que estudia a evolución dun sistema, económico, biolóxico, técnico, cibernético ou doutro tipo, en que a lei de probabilidade é en función do tempo. En rigor, un proceso estocástico é unha familia de variables aleatorias {X t }, en que t varía nun conxunto chamado paramétrico, que pode ser o conxunto dos números naturais no caso de procesos discretos ou un intervalo da recta real no caso de procesos continuos.

Palabras veciñas

Estoa | Estobeo de Estobia, Iohannes | estocada | estocástico -ca | estocolmés -sa | Estocolmo | Estocolmo