estomiátido -da

estomiátido -da

(< lat científico Stomias)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos estomiátidos.

  2. s m [ANIMAL/ICT]

    Peixe da familia dos estomiátidos.

  3. s m pl [ANIMAL/ICT]

    Familia de peixes abisais, de ata 25 cm de lonxitude, co corpo de cor escura e reflexos azul prateados, serpentiforme, comprimido lateralmente e recuberto de escamas delgadas poligonais, cada unha delas con fotóforos. Presentan barbelas con órganos luminosos no extremo. Teñen dentes de gran tamaño e algunhas especies poden abrir a boca de xeito especial ao levantar a cabeza respecto á columna vertebral, grazas a unhas vértebras especiais presentes no pescozo. Esta adaptación sérvelles para aproveitar un maior rango no tamaño das eventuais presas coas que teñen contacto na gran profundidade en que adoitan vivir. Realizan migracións verticais ao longo do día e algunhas especies ascenden preto da superficie durante a noite. Estes movementos varían dependendo da estación do ano ou da idade dos animais. Algunhas especies presentan estruturas complexas de emisión de luz formadas como unha lanterna -con pantalla negra, lente e un reflector prateado-. No Océano Atlántico, ata os 63° N, está presente a especie Stomias boa.

Palabras veciñas

estomatolóxico -ca | estomatópodo -da | estomballar | estomiátido -da | estomocordado -da | estomodeo | estona