estranxeiro -ra

estranxeiro -ra

(

  1. adx e s

    Que ou quen é dun país que non é o propio.

  2. s m

    Mundo que está situado fóra do país en que se vive.

    Ex: Habita no estranxeiro.

  3. s [DER]

    Persoa que, tendo nacionalidade propia, non ten a nacionalidade do país onde reside.

Refráns

  • A onde fores fai como vires.
  • A onde queira que fores, fai como vires.
  • A onde vaias, fai o que vexas.
  • Ata que se sae da casa, non se sabe o que fóra se pasa.
  • Cando fores a chan alleeiro leva o pan no capelo.
  • Cando pases pola terra dos tortos, pecha un ollo.
  • En terra allea a vaca ao boi cornea.
  • En terra allea a vaca aos bois cornea I turrea.
  • En terra allea o que ben está, ben estea.
  • Fai como vires, onde vivires.
  • Na terra anea a vaca ao boi cornea.
  • Na terra en que vivires fai sempre o que vires.
  • O boi bravo na terra anea faise manso.
  • O que corre polo mundo non dá paso seguro.
  • Onde fores, fai o que vexas.
  • Polo nun curral alleo nin sabe onde come nin dá co poleiro.
  • Por onde vaias, fai como vexas.
  • Vale máis o mal da miña terra có mal da anea.