estrear
(< estrea)
-
v t
-
Usar por primeira vez unha cousa.
Ex: Foi á praia e estreou o chapeu de palla.
-
Comezar a facer uso dunha cousa que antes non fora usada por ninguén.
Ex: Estreamos o piso no mes das flores.
-
-
v t
Representar, executar ou presentar por primeira vez unha peza teatral, unha película, unha composición musical ou calquera outro tipo de espectáculo público.
Ex: Estrearon o drama na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Onte a canle autonómica galega estreou un novo concurso. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Malia todos os atrancos estrearon con éxito.
-
v pron
Comezar a exercer ou practicar por primeira vez un emprego, un cargo, unha profesión ou outra actividade.
Ex: É moi novo pero xa se estreou como marchante de obras de arte.
-
v pron
Comezar a practicar ou realizar a acción que corresponde.
Ex: O adestrador realizou varios cambios, pero o lateral non se estreou no partido.
-
v pron
Facer un comerciante ou negociante a primeira venda do día.
Ex: A penas levaba media hora no mercado de Salgueiriños e xa se estreara.
Palabras veciñas
Estraxiz | Estraxiz, Santiago de | estrea | estrear | estreira | estreitamento | estreitarIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles estreo
estreas
estrea
estreamos
estreades
estrean
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles estreaba
estreabas
estreaba
estreabamos
estreabades
estreaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles estreei
estreaches
estreou
estreamos
estreastes
estrearon
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles estreara
estrearas
estreara
estrearamos
estrearades
estrearan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles estrearei
estrearás
estreará
estrearemos
estrearedes
estrearán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles estrearía
estrearías
estrearía
estreariamos
estreariades
estrearían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles estree
estrees
estree
estreemos
estreedes
estreen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles estrease
estreases
estrease
estreasemos
estreasedes
estreasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles estrear
estreares
estrear
estrearmos
estreardes
estrearen
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
estrea
-
-
estreade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles estrear
estreares
estrear
estrearmos
estreardes
estrearen
estreada
estreados
estreadas