estreito -ta
estreito -ta
(< lat strictu)
-
adx
Que ten pouca ou menos largura do que se considera normal ou adecuado.
Ex: Anchearon as rúas porque eran moi estreitas.
-
adx
Que aperta ou cingue moito aquilo que arrodea.
Ex: Tanto a blusa como a saia sonche moi estreitas.
-
adx
Que ten carácter íntimo ou é moi próximo, especialmente aplicado á amizade, ao parentesco ou outro tipo de relación.
Ex: Manteñen unha amizade moi estreita desde que se coñeceron no colexio.
-
adx
Que se caracteriza pola súa rixidez nas ideas e principios.
Ex: A súa mente estreita non lle permite entender a miña postura.
-
adx
[HERÁLD]
Aplícase á peza diminuída que consiste nunha cruz cos brazos dunha dimensión inferior á normal.
-
s
m
[XEOG]
Paso, situado entre dúas masas de auga, que se comunican entre si a través del.