Estrela
Estrela
[ONOM]
Antropónimo feminino procedente do latín stellula, diminutivo de stella. Hai quen identifica a súa orixe coa de Estela, facéndoo derivar de Stella matutina ‘estrela da mañá’ (advocación da Virxe María), cun r epentético. A Virxe da Estrela é patroa dos albaneis. A súa festividade celébrase o 15 de agosto, e o luns de Pascua en Corme.