estría

estría

(< lat stria)

    1. s f

      Suco estreito en calquera superficie.

    2. s f [ARQUIT]

      Motivo decorativo en forma de acanaladura ou suco que percorre verticalmente o fuste dunha columna ou dunha pilastra. Os sucos poden xuntarse nun ángulo ao ser interrompidos por un filete. Na orde dórica, o fuste presentaba entre 16 e 20 estrías en aresta viva, mentres que as ordes xónica e corintia presentaban 24 estrías separadas entre si por unha moldura recta.

    3. estría maciza [ARQUIT]

      Estría que ten o seu oco ocupado por unha baqueta.

  1. s f
    1. Liña, porción longa e estreita dunha cousa que se destaca do fondo, especialmente pola cor.

    2. [MED]

      Liñas finas brancas-rosáceas ou grises que se producen en parte do corpo ou cando a pel estivo previamente dilatada, sobre todo nas coxas, o abdome e os peitos das mulleres preñadas, en persoas obesas, e naquelas que padecen a síndrome de Cushing ou que tomaron corticoides durante un tempo prolongado. OBS: Normalmente, úsase en plural.

Palabras veciñas

estresante | estresar | estrevariza | estría | estriado -da | estriar | estriato