estridente

estridente

(

  1. adx
    1. Aplícase ao son agudo, áspero e desagradable.

    2. Que  produce ese son.

      Ex: A perforadora que está na rúa produce un ruído estridente.

  2. adx

    Que é rechamante ou que implica esaxeración ou violencia.

    Ex: Cando sae pola noite gústalle vestir de xeito estridente.

  3. adx [LING]

    Que se produce con máxima turbulencia da corrente de aire.

  4. adx [LING]

    Aplícase á consoante, fricativa ou africada, que se caracteriza pola ausencia total de harmonía na súa representación espectrográfica. Parece ser un trazo exclusivo dos sons coronais que permite diferenciar as fricativas sibilantes (casa, caixa) de fricativas non sibilantes (caza).

Palabras veciñas

estricnina | estricto -ta | estridencia | estridente | estridor | estridulación | estridular