estriga

estriga

(< lat striga ‘fiada’)

  1. s f

    Madeixa de liño que se pasa dúas ou tres veces polo restrelo para quitarlle a estopa.

  2. s f

    Porción de liño que se coloca na roca para fiar.

  3. s f

    Madeixa de liño xa fiada.

Frases feitas

  • Quedar coma unha estriga. Adelgazar moito, quedar nos ósos.

  • Ser branco coma unha estriga. Ser moi pálido ou abrancazado.