estrofa
estrofa
(< lat stropha < gr στροϕή ‘volta’)
-
s
f
[LIT]
Grupo de versos que constitúe un período rítmico e que adopta denominacións diversas, segundo o número de versos que o integren e a combinación das súas rimas.
-
s
f
[LIT]
Primeira parte do canto lírico, no coro da traxedia grega, constituída por versos de métrica diversa, que vai seguida dunha antístrofa exactamente igual e que se executa de dereita a esquerda. Cada conxunto dunha estrofa e mais unha antístofra vai, á súa vez, seguido por unha estrofa simple denominada épodo.