Estúa
Estúa
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que se estableceu no lugar homónimo, na Pastoriza. As súas armas levan, en campo de ouro, unha árbore de sinople e, pendente do seu lado destro, unha caldeira de sable; no sinistro, unha aspa de inquirir. Outra variante trae escudo partido e cortado; primeira partición, cun caldeiro; segunda partición, cunha sapa; cortado, cunha ave que semella unha cegoña. Tamén se atesta coa forma Estoa.