estuco
estuco
(
s
m
[CONSTR/ARTE]
Pasta feita con cal ou xeso e po de mármore e cola que se aplica, a xeito de lucido, nas superficies, tanto interiores como exteriores, en paredes e columnas, e tamén na decoración arquitectónica; tamén se utiliza para motivos decorativos. Coñecido polos gregos, os romanos empregárono asiduamente. Na Idade Media utilizouse o dourado para imitar a ourivería, nos frontais e nos retablos. O estuco policromado foi a base das decoracións renacentistas e barrocas.