etapa

etapa

(< fr étape)

  1. s f

    Traxecto de camiño que percorre alguén entre dous puntos.

    Ex: A última etapa da viaxe pola montaña resultou dificultosa.

  2. s f

    Cada unha das distintas fases ou períodos en que se desenvolve unha acción ou un proceso.

    Ex: Non quero recordar a miña etapa de estudiante.

  3. s f [BÉL]
    1. Localidade ou lugar en que se deteñen as tropas en marcha para pasar a noite.

    2. Distancia que percorren as tropas entre cada un dos lugares de parada.

  4. s f [DEP]

    Cada unha das partes en que se subdivide unha carreira de gran distancia, especialmente de ciclismo, automobilismo ou navegación marítima ou aérea. A chegada en primeira posición á meta en cada etapa considérase un triunfo parcial e adoita ter unha recompensa.

  5. s f [TECNOL]

    Cada un dos circuítos dun aparello, dun amplificador, etc, formados por un tubo electrónico ou un transistor e polos elementos correspondentes de alimentación, de encaixe, etc. As diferentes etapas conéctanse xeralmente en fervenza. Segundo a súa función reciben nomes diferentes, como etapa osciladora, amplificadora ou de potencia.

Palabras veciñas

etano | etanoico, ácido | etanol | etapa | etarra | etc | etcétera