etnocentrismo
etnocentrismo
(< etno- + centro + -ismo)
s
m
[ANTROP/SOCIOL]
Tendencia a considerar superior a etnia ou cultura á que se pertence e a convertela no modelo de referencia. O termo cuñouno en 1906 W. G. Summer para explicar as identificacións que os pobos primitivos teñen de si mesmos en relación con outros pobos. Para C. Lévi-Strauss trátase dun fenómeno natural común a todas as sociedades e que en determinadas ocasións pode resultar beneficioso, ao estimular a solidariedade de grupo, e noutras prexudicial, ao ser un obstáculo para a aceptación das novidades.