etnociencia
etnociencia
(< etno- + ciencia)
s
f
[ANTROP]
Escola de pensamento antropolóxico que sostén que a cultura está composta de estruturas psicolóxicas mediante as que os individuos orientan a súa conduta. A cultura concíbese como o sistema de percepción e organización, entre outros, dos fenómenos culturais, dos obxectos, dos acontecementos, da conduta e das emocións. O maior expoñente desta corrente foi W. Goodenough.