etnomusicoloxía

etnomusicoloxía

(

s f [MÚS]

Rama da musicoloxía que estudia a música primitiva e tradicional de todo o mundo e a música culta das civilizacións non europeas. Apareceu a mediados do s XIX e ao seu xurdimento contribuíron, por unha banda, os contactos coas culturas exóticas a consecuencia da expansión europea e, por outra, o interese polo folclore das nacións e pobos europeos característicos do romanticismo. Nun principio, os seus cultivadores proviñan de campos moi diversos e, de feito, conservaba un carácter multidisciplinario. Entre os seus pioneiros destaca a escola alemana, centrada na recollida de pezas exóticas e a súa transcrición na notación europea. No s XX sobresaíron especialmente as investigacións de B. Bartók e Z. Kodály sobre a música popular húngara e, nos anos cincuenta, a escola americana, moi influída pola antropoloxía, que tivo un especial interese no proceso de recollida de datos. A aplicación e o perfeccionamento dos medios de gravación foi tamén un factor básico no seu progreso.

Palabras veciñas

etnoloxía | etnolóxico -ca | etnometodoloxía | etnomusicoloxía | etnonimia | etnonímico -ca | etnonimicón