eu
(
-
pron
Pronome persoal tónico de primeira persoa que, sintacticamente, cumpre a función de suxeito.
Ex: Eu non teño que dar máis explicacións.
-
s
m
[FILOS]
Esencia da persoa. É o suxeito do pensar, da conciencia, do sentir e do querer, capaz de pensamento, de experiencia e que fai de cada persoa o que é. Santo Agostiño foi o primeiro en distinguir entre o eu e a conciencia do mesmo, como punto de partida para o afianzamento da verdade. R. Descartes renovouno co cogito ergo sum (‘penso; logo, existo’), punto de partida do seu pensamento. Para I. Kant, é o fundamento que fai posible o saber. No idealismo alemán déuselle un carácter humano absoluto equiparado co divino, feito que o converte en creador. Na filosofía contemporánea occidental foi considerado un dos máis altos valores, exceptuando os pesimistas como A. Schopenhauer que persegue a extinción do eu.
-
s
m
ego.