Euboico, sistema

Euboico, sistema
[NUMIS]

Sistema de pesos creado polos comerciantes de Eubea a partir do que empregaban os persas, que se estendeu entre os gregos da Ática e da propia illa. Dende o s VII a C cuñáronse moedas seguindo este sistema. A unidade fundamental era o talento, que equivalía ao peso dun pé cúbico de auga. Teoricamente subdividiuse en 60 minas de 436 g cada unha, e cada unha delas constaba de 100 dracmas. Solón adoptou este sistema para o peso das moedas e continuou empregándose ata a epoca helenística.

Palabras veciñas

Eubalaena | Eubea | eubiótica | Euboico, sistema | Eubulides | Eubulides de Mileto | Eubulo