Eumetsat

Eumetsat

Organización intergobernamental creada en 1986 por unha convención internacional da que forman parte dezasete estados europeos: Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, España, Finlandia, Francia, Gran Bretaña, Grecia, Irlanda, Italia, Noruega, Países Baixos, Portugal, Suecia, Suíza e Turquía. O seu obxectivo é o establecemento, o mantemento e a explotación de satélites meteorolóxicos. Entre os seus programas figura o Meteosat.