European Space Agency

European Space Agency
Nome científico: [ESA]
[COSMON]

Organización internacional europea que aglutina a investigación espacial no continente, con sede en París. Creouse en 1975 a partir da fusión da European Launcher Development Organization (ELDO) e da European Space Research Organization (ESRO). Ten como misión promover a investigación e a tecnoloxía espacial con propósitos exclusivamente pacíficos. Está integrada por trece estados: Austria, Bélxica, Dinamarca, España, Francia, Gran Bretaña, Irlanda, Italia, Luxemburgo, Noruega, Países Baixos, Suecia e Suíza. Finlandia é un membro asociado e Canadá asinou un acordo de cooperación. A ESA realiza os seus programas mediante o foguete Ariane. Iniciou o programa da estación espacial Spacelab e programou misións interplanetarias, como a da sonda Giotto lanzada ao encontro do cometa Halley en 1986. En 1991 creou o consorcio Spacelink.