Eusebio/Eusebia
Antropónimo procedente do grego E ὐ σέβιος a través do latino Eusebius; derivado de ε ὐ σεβ ή ς (formado por ε ὖ ‘ben, bo’ e o verbo σέβω ‘venerar, honrar os deuses’), significaba ‘respectuoso cos maiores e cos deuses’. Presenta o hipocorístico Sebio e Sebiño. O feminino Eusebia deriva do substantivo abstracto grego ε ὐ σέβεια ‘veneración, respecto, piedade’, forma correspondente ao latín pietas; deste xeito, equivale ao nome latino Pío. Deste antropónimo procede o topónimo Osebe (en latín Villa Eusebii). Destacan con este nome o papa santo Eusebio (s IV), o mártir santo Eusebio de Roma (s III) e o bispo santo Eusebio de Vercelli (s IV). Entre as santas mártires, Eusebia de Bérgamo (s III) e Eusebia de Marseille (s VIII), abadesa dun convento próximo a esta cidade occitana. Santo Eusebio é titular dunha parroquia. A súa festividade celébrase o 2 de agosto, pero antes da reforma litúrxica establecida polo Concilio Vaticano II (1969) celebrábase o 16 de decembro.