euxenol

euxenol
Nome científico: [4-alil-2-metoxifenol]
s m [QUÍM]

Líquido oleoso, incoloro ou debilmente amarelo, de forte olor a caravel, que funde a 255°C. Obtense do aceite esencial do caravel, da pementa, da canela e do azafrán. Emprégase en perfumería, na síntese da vainillina e en odontoloxía, como antiséptico e analxésico.

Palabras veciñas

euxenismo | euxenista | euxenita | euxenol | Euxeo/Euxea | euxínico -ca | euzone