eventración
eventración
(< 1 e- + lat ventre)
-
s
f
[PAT]
Hernia das vísceras abdominais nun punto do organismo onde non existe orificio preexistente, xeralmente nunha cicatriz cirúrxica ou traumática.
-
eventración diafragmática
[PAT]
Ascenso cara á cavidade torácica dunha metade do diafragma, xeralmente da esquerda, xuntamente coa pleura e o peritoneo, que se produce por atrofia, traumatismo indirecto ou aumento da presión abdominal.