evidencia
(< lat evidentǐa)
-
s
f
Certeza clara e absoluta que se ten dunha cousa sen que sexa preciso demostrala.
Ex: As evidencias incriminábano no delito.
-
s
f
[FILOS]
Crenza, a miúdo obtida a través da observación, que serve de soporte para unha hipótese. Dise que un obxecto é evidente cando se presenta dunha maneira clara e sen dúbidas a un suxeito, ben sexa unha percepción sensible, ben sexa unha realidade intelectual. Unha proposición é evidente cando hai claridade inmediata sobre a súa verdade e non hai necesidade de remitila a ningunha clase de demostración para confirmala. É a primeira regra do método cartesiano, xunto á análise e á síntese, e esixe, por fóra da racionalidade, toda aquela proposición que non sexa evidente. Segundo o método, todo o que se deduza correctamente dunha verdade evidente será tamén evidente. Para R. Descartes foi un exercicio de intuición e afirmou que unha idea é evidente cando se nos aparece dunha maneira clara e distinta a todas as demais ideas. Trátase dun concepto directamente relacionado co que I. Kant chamaba a priori ou xuízos analíticos, verdades evidentes antes da experiencia e que non precisan demostración.
Citas
- Ese comportamento evidencia unha total falta de interese. A súa cara evidencia que é feliz.
Frases feitas
-
Deixar/pór/quedar en evidencia. 1 Facer que algo sexa visto ou coñecido por todos. Ex: Quedou en evidencia a mala organización do congreso. 2 Deixar, pór ou quedar alguén en ridículo ou nunha situación comprometida. Ex: Coa súa falta de tacto, deixouno en evidencia diante de todos.
-
Renderse á evidencia. Recoñecer algo que é evidente, en función da infalibilidade dos argumentos e feitos presentados.
Refráns
- Non fai falla meter a man no lume, para saber se está acendido.