evoé!

evoé!

(< lat evolutiōne)

  1. Berro evocativo das bacantes, na Antigüidade grega, para aclamar ou invocar a Baco durante as orxías.

  2. s f
    1. Transformación ou cambio progresivo de algo ou de alguén.

      Ex: O país experimentou unha rápida evolución desde o século pasado. Coñecelo influíu moito na evolución das súas ideas políticas.

    2. Serie de estados sucesivos nese cambio.

      Ex: Naquel país a evolución das correntes artísticas de vangarda foi progresiva.

  3. s f [BIOL]
    1. Proceso xeral de cambio nos seres vivos que ten como resultado a aparición de novas especies. Algúns filósofos gregos xa idearan secuencias evolutivas, pero ata finais do s XIX non se chegou a unha formulación científica do concepto de evolución. Polas súas ideas neste sentido destacan J. de Monet, cabaleiro de Lamarck (1744-1829), e Ch. Darwin (1809-1882); cada un deles formulou unha teoría xeral da evolución, baseada nun mecanismo evolutivo diferente. A admisión da evolución como un feito baséase nunha serie de probas, das que cómpre salientar as que proporciona a paleontoloxía. A anatomía comparada, por medio do estudo comparado da estrutura anatómica dos diferentes grupos de seres vivos, ofrece tamén numerosas probas para a clarificación da evolución. Deste xeito, o feito de que o esqueleto dun vertebrado tetrápodo teña unha determinada estrutura básica -tanto se serve para camiñar, como para correr, nadar, voar ou cavar- explícase pola súa orixe común e pola súa diferenciación a partir dunha forma inicial. A existencia de órganos rudimentarios demostra que anteriormente, na súa historia evolutiva, foron funcionais. A embrioloxía tamén fundamenta a evolución; os organismos presentan durante o desenvolvemento embrionario semellanzas con outros animais adultos de grupos máis primitivos. Moitos datos bioxeográficos só teñen sentido en termos de evolución. Outras ramas da bioloxía, como a taxonomía, a bioquímica, a fisioloxía comparada, a citoloxía ou a ecoloxía, tamén ofrecen probas á evolución. O estudo da evolución biolóxica ten dous aspectos que se complementan: o proceso evolutivo en si e o dos mecanismos e das causas da evolución. O estudo dos procesos evolutivos trata da xénese dos organismos e das súas transformacións sucesivas, e ten como base principal os datos que ofrece a paleontoloxía. Os mecanismos e as causas de evolución son obxecto dunha rama da xenética, a xenética evolutiva, que ten como base principal a xenética de poboacións, xa que o proceso da evolución atinxe á poboación. A finais da década de 1970 foi admitida como máis apropiada a teoría sintética da evolución que recollía os datos que ofrecían as diversas ciencias biolóxicas e paleontolóxicas, segundo as que a selección natural non era o motor principal. Unha premisa fundamental desta teoría é que todas as variantes alélicas dun xene teñen un valor adaptativo diferente (panseleccionismo). Non obstante , M. Kimura, en 1971, propuxo unha teoría neutralista para a evolución a escala molecular, segundo a cal moitos xenes presentan variantes alélicas que só se diferencian en pequenos cambios nas proteínas que codifican, e estes cambios teñen o mesmo valor adaptativo (son relativamente neutras). Como consecuencia, estes xenes poden aparecer por acumulacións ao chou de mutacións puntuais dentro dun xene ancestral. Malia isto, parece que a selección natural é un mecanismo válido e operativo na evolución, aínda que non se pode descartar a posibilidade de que a escala molecular exista unha evolución neutralista. Por outra banda, a teoría sintética tamén foi criticada a outra escala. Segundo esta teoría, a evolución supón un proceso de acumulación lenta e gradual de pequenas variacións dirixidas pola selección natural. Non obstante , N. Eldredge e S. Gould propuxeron en 1970 que a aparición de novas especies se debe a illamentos xeográficos, que comprenden un pequeno número de poboacións, que non se relacionan con outras poboacións da mesma especie. Este fenómeno pode ser moi rápido na escala do tempo xeolóxico. Todo isto levou a reavivar a polémica de que se a evolución obedece a un único mecanismo ou se se pode distinguir entre microevolución a escala intraespecífica (que funciona polos mecanismos propostos pola teoría sintética) e unha macroevolución a escala supraespecífica (que respondería a outros mecanismos).

    2. Parte da bioloxía que estudia a evolución.

  4. s f [FILOS]

    Teoría pola que se explican os fenómenos físicos e mentais como transformacións sucesivas dunha realidade primeira, sometida a un movemento perpetuo intrínseco.

  5. [SOCIOL]
    1. s f

      Cambio gradual, en oposición á revolución.

    2. evolución social

      Proceso de cambio que supón a variación e a loita pola existencia e adaptación das distintas formas sociais.

  6. s f [BÉL]

    Movemento ou cambio dunha formación de tropas ou de unidades navais de acordo cun plan establecido. OBS: Úsase normalmente en plural.

    Ex: Presenciamos as evolucións da escuadra.

  7. s f

    Movemento de algo ou de alguén consistente en dar voltas. OBS: Úsase normalmente en plural.

    Ex: Seguían as evolucións dos patinadores con moita atención. Gosta de observar as evolucións das bolboretas.