evolvente

evolvente
s f [MAT]

Dada unha curva S, cada unha das curvas ortogonais ás tanxentes de S. Se C é unha evolvente de S, S é a evoluta de C. Dada a curva S, pódese xerar unha evolvente fixando unha tanxente a S nun punto de tanxencia A, limitando a súa lonxitude a e enrolándoa á curva, de maneira que o punto extremo B determina unha evolvente.

Palabras veciñas

evolucionista | evoluta | evolutivo -va | evolvente | Evonymus | Évora | Évora