ewe

ewe
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo ewe.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo pertencente ao pobo ewe.

  3. s m pl [ETN/HIST]

    Pobo africano estendido por Togo, Benin e Ghana. A súa actividade económica fundamental é a agricultura, pero practican tamén a artesanía e o comercio; sen embargo, nas rexións costeiras a pesca converteuse na súa actividade predominante. A súa organización baséase en liñaxes patrilineais e practícase con frecuencia a poligamia. A súa relixión fundaméntase na existencia dunha divindade suprema e de numerosas divindades menores, relacionadas con diversos aspectos da vida cotiá, ao redor das que se organizan a maioría dos rituais.

  4. s m [LING]

    Lingua que pertence ao grupo kwa do phylum níxer-congo. É a lingua máis estendida en Benin e Togo, e tamén se fala en Ghana.