ex libris*
ex libris*
s
m
[ARTE]
iñeta que serve para identificar o nome do propietario da biblioteca á que pertence un libro. A continuación da palabra ex libris ten que figurar o nome do propietario do libro ou os símbolos que o caracterizan. Fíxanse na parte interior da tapa de diante do volume. Coa subida da burguesía ao poder, as familias aristocráticas e os mosteiros deixaron de ser os únicos que tiñan ex libris. Comezaron a empregarse no ss XV e XVI en Alemaña da man, entre outros, de L. Kronach e A. Dürer, e desenvolveuse ao mesmo tempo ca a imprenta. Na súa creación participaron numerosos artistas, entre outros W. Crane (Reino Unido), M. Alde (Alemaña), B. Bramanti (Italia) e A. de Riquer e R. Miquel (España).