exarca

exarca

(

  1. s m [HIST]

    Gobernador que representaba os emperadores de Bizancio en Italia e África, establecido baixo o Emperador Mauricio (582-602). Tiña, entre outras atribucións, o mando supremo das tropas, a dirección da diplomacia, a autoridade sobre a administración civil e o dereito de inspección sobre as cuestións eclesiásticas.

  2. s m [RELIX]

    Gobernador dun exarcado da Igrexa ortodoxa. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

Palabras veciñas

exantema | exantemático -ca | exantematoso -sa | exarca | exarcado | exárico | exartrema