Excalibur

Excalibur
[IMAX]

Produción cinematográfica estadounidense realizada en 1981. Foi dirixida por John Boorman e interpretada por Nigel Terry, Nicol Williamson, Nicholas Clay, Helen Mirren e Cherie Lunghi. A simboloxía da espada, como principio vital e como elemento telúrico vinculado á soberanía da terra e do reino artúrico, foi o motivo central desta versión cinemátográfica da lenda do Rei Artur e a Táboa Redonda. Destaca polo seu tono onírico, ao que contribúen as paisaxes irlandesas, a coidada ambientación e a música do Carmina Burana, de Carl Orff.

Palabras veciñas

exasperante | exasperar | Excalibur | Excalibur | excarceración | excarcerar | excardinación