excitación

excitación

(

  1. s f

    Acción e efecto de excitar ou excitarse.

  2. s f [FÍS]

    Produción do fluxo magnético de indución nunha máquina eléctrica. A corrente de excitación pode estar producida por unha máquina ou por unha fonte auxiliar (excitación independente), ou ben pola mesma máquina (autoexcitación).

  3. s f [FÍS]
    1. Colisión ineléstica.

    2. Aumento da enerxía dun sistema microfísico.

  4. s f [FISIOL]

    Estado de actividade estimulada dun individuo unicelular ou pluricelular ou dalgún dos seus órganos ou sistemas.

  5. excitación magnética [FÍS]

    Creación dun campo magnético por unha corrente eléctrica.

  6. grupo de excitación [FÍS]

    Conxunto formado por un motor, as máis das veces térmico, e unha dinamo, en que o primeiro acciona a segunda, empregado para a excitación dos indutores dun motor ou dun alternador.

Palabras veciñas

exciso -sa | excitabilidade | excitable | excitación | excitador -ra | excitancia | excitante