Existo

Existo
[MIT]

Heroe grego, fillo de Tiestes e de Pelopea. Desexoso de vingarse do seu irmán Atreo -que o desterrara de Micenas e asasinara os seus fillos-, Tiestes violou a súa filla, Pelopea, en segredo, xa que o oráculo lle vaticinara que o seu único vingador sería o fillo que había de ter coa súa propia filla; antes de que Tiestes desaparecera, Pelopea quitoulle a súa espada. Co tempo, Atreo casou con Pelopea e adoptou como fillo seu a Existo, o neno que nacera da relación incestuosa. De mozo mandouno a Delfos na procura de Tiestes. Xa de volta co prisioneiro, dispúxose a matalo pero Tiestes recoñeceu a espada que aquel levaba na man e identificouno. Tras revelar a verdade e o parentesco que os unía, Pelopea atravesou o peito coa espada e Existo cumpriu o oráculo matando a Atreo. Tamén conta a lenda que, cando os atridas Agamemnon e Menelao estaban en Troia, Existo seduciu a muller daquel, Clitemnestra, e tivo con ela dous fillos, Aletes e Eríxone. Á volta da longa batalla, Existo ofreceulle a Agammenon un banquete e asasinouno, e reinou sete anos en Micenas co seu pai ata que Orestes, fillo de Agamemnon, o asasinou.

Palabras veciñas

existencialista | existente | existir | Existo | exitálido -da | éxito | exlibrismo