exocéntrico -ca

exocéntrico -ca

(< exo- + 1 céntrico)

  1. adx [LING]

    Aplícase ao sintagma ou construción sintáctica en que a súa función e distribución difire das de calquera dos seus constituíntes. Na oración Chegou ás dez, a frase preposicional ás dez é exocéntrica con respecto ao seu constituínte dez ou con relación ao seu constituínte ás; tería a mesma distribución ca hoxe (Chegou hoxe). As frases preposicionais son exocéntricas con relación ás frases nominais, que son un dos seus constituíntes. OBS: Oponse ao termo endocéntrico.

  2. adx [LING]

    Aplícase aos procedementos morfolóxicos de composición e derivación cando, segundo A. Martinet, a aproximación de dous elementos remata por crear novas relacións co que é exterior, composto ou derivado. Por exemplo, a palabra substitución pertence a unha categoría sintáctica diferente de substituír e -ición. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

Palabras veciñas

exo- | exobasidio | exobioloxía | exocéntrico -ca | exócrino -na | exoderma | éxodo