exoenzima
exoenzima
(< exo- + enzima)
-
s
m
[BIOQ]
Enzima que se produce no interior da célula e actúa no exterior. Pode localizarse na superficie externa da membrana celular ou verterse ao medio. Os exoenzimas acostuman ter funcións dixestivas, con produción, por hidrólise, da descomposición da materia orgánica do exterior da célula.
-
s
m
[BIOQ]
Enzima que produce a ruptura de fragmentos dun biopolímero a partir dun dos seus extremos. Un exemplo de exoenzimas son as exonucleases. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].