explanación

explanación

(

  1. s f

    Acción e efecto de explanar.

  2. s f [CONSTR]

    Acción de poñer plano un terreo por medios mecánicos, eliminando as súas irregularidades. Se se moven grandes cantidades de terra moi dura ou se o terreo é moi rochoso, empréganse explosivos e máquinas perforadoras; para o movemento e a preparación do terreo procédese á escavación, nivelación e escarificación. O acabado da superficie conséguese mediante máquinas aplanadoras e apisoadoras.

Palabras veciñas

expirante | expirar | expiratorio -ria | explanación | explanada | explanador -ra | explanadora