explorador -ra

explorador -ra

(< lat explorātōre)

  1. adx e s

    Que ou quen explora.

    Ex: O seu pai foi un explorador moi coñecido.

  2. s

    Persoa que pertence ao movemento xuvenil denominado scoutismo, organización internacional que ten como finalidade o desenvolvemento físico e moral da persoa por medio de actividades ao aire libre.

  3. [INFORM]
    1. s m

      Navegador de Internet.

    2. explorador de Windows

      Utilidade de xestión de arquivos que incorpora o sistema operativo Windows para facilitar a súa organización e localización, a execución de aplicacións ou a conexión dun ordenador cunha rede.