expolio, El
expolio, El
Óleo de El Greco realizado entre 1577 e 1579 para a sancristía da catedral de Toledo que se conserva no museo catedralicio. Representa o momento previo á crucifixión, cando Cristo foi despoxado da túnica vermella. A composición xira arredor do eixe da figura de Cristo, coas tres Marías e un soldado na parte inferior, que crean un espazo manierista. Cómpre destacar tamén o equilibrio cromático, conseguido entre o vermello da túnica e o amarelo das roupaxes dos soldados, e o tratamento lumínico cun foco de luz na armadura que ilumina o vermello central. O conxunto complétase cunha multitude de personaxes que rodean a Cristo, cunha menor iluminación. No lenzo suprimiuse toda referencia á natureza.