expresivo -va
expresivo -va
(< expresión)
-
-
adx
Relativo ou pertencente á expresión.
Ex: Regaloulle unha boneca cunha cara moi expresiva.
-
acento expresivo
[LING]
acento enfático.
-
función expresiva
[LING]
Función da linguaxe mediante a que o falante manifesta o seu estado psíquico.
-
adx
-
adx
Que manifesta dunha maneira moi viva o que pensa ou sente.
Ex: A túa irmá sempre foi moi expresiva.
-
adx
Que deixa ver claramente os pensamentos ou afectos de alguén.
Ex: O seu xesto era moi expresivo, deseguida entendín que debía marchar.