expropiación
expropiación
(< expropiar)
s
f
[DER]
Privación por parte da Administración Pública da propiedade dun ben tanxible ou intanxible. A Constitución de 1978 establece que a expropiación só se pode aplicar por causa xustificada de utilidade pública ou interese social, e que o expropiado ten dereito a percibir unha indemnización xusta. A contía da indemnización determínase a proposta da Administración e do expropiado, que en caso de discrepancia se someten ao ditame do Jurado Provincial de Expropiación. Contra este ditame cabe recurso aos tribunais de xustiza.