expulsar
(< lat expulsāre)
-
v t
-
Obrigar a alguén a marchar dun lugar, grupo ou colectividade.
Ex: Expulsárono da empresa cando descubriron o desfalco.
-
[DER]
Obrigar a saír do territorio dun país a un estranxeiro que incumpre a lexislación administrativa sobre a estranxeiría ou se considera socialmente perigoso, malia non ter incorrido en condutas delitivas. A expulsión dun axente diplomático acreditado esixe a previa declaración de persoa non grata. En situacións de conflito bélico, a expulsión dos cidadáns do país inimigo pódese declarar de xeito colectivo.
-
[DEP]
Aplicar unha sanción disciplinaria contra un participante nunha competición (deportista ou equipo), que implica a súa retirada da mesma, decretada polos árbitros ou xuíces como castigo pola comisión dunha falta grave contra a regulamentación ou pola acumulación de amoestacións por infraccións reiteradas. Nos deportes colectivos esta sanción impídelle ao expulsado continuar participando no xogo, e ao seu equipo substituílo, aínda que os rexistros que acadara ata aquel momento a prol do seu equipo se manteñen. En deportes individuais, a expulsión implica a retirada da clasificación. Pódese sinalar de distintos xeitos, por exemplo amosando un cartón vermello.
-
-
v t
Facer saír unha cousa dun lugar.
Ex: Se premes este botón, expulsará o disco.
Sinónimos: expeler. -
v t
Facer saír unha persoa ou cousa algo que está no seu interior.
Ex: Os xeólogos están a agardar que o volcán expulse a lava. Arrola un pouco o neno para que expulse os gases.
Sinónimos: expeler.
Palabras veciñas
expugnable | expugnación | expugnar | expulsar | expulsión | expulsivo -va | expulsor -raIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles expulso
expulsas
expulsa
expulsamos
expulsades
expulsan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles expulsaba
expulsabas
expulsaba
expulsabamos
expulsabades
expulsaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles expulsei
expulsaches
expulsou
expulsamos
expulsastes
expulsaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles expulsara
expulsaras
expulsara
expulsaramos
expulsarades
expulsaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles expulsarei
expulsarás
expulsará
expulsaremos
expulsaredes
expulsarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles expulsaría
expulsarías
expulsaría
expulsariamos
expulsariades
expulsarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles expulse
expulses
expulse
expulsemos
expulsedes
expulsen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles expulsase
expulsases
expulsase
expulsasemos
expulsasedes
expulsasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles expulsar
expulsares
expulsar
expulsarmos
expulsardes
expulsaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
expulsa
-
-
expulsade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles expulsar
expulsares
expulsar
expulsarmos
expulsardes
expulsaren
expulsada
expulsados
expulsadas