éxtase

éxtase

(

  1. s m

    Estado psíquico en que o individuo se sente fóra de si e do mundo circundante, a causa dun sentimento de entusiasmo, admiración ou alegría.

    Sinónimos: rapto.
  2. s m [RELIX]

    Estado da alma en que o individuo se sente transportado fóra de si e unido á divindade. Xeralmente vai acompañado de diminución da sensibilidade e da mobilidade.

    Sinónimos: rapto.
  3. [QUÍM]
    1. s m

      Denominación coa que se designa, nun rexistro coloquial, a droga de deseño 3,4-metilendioximetanfetamina.

    2. éxtase líquido

      Denominación coa que se designa, nun rexistro coloquial, a droga composta por gammahidroxibutirato.

Palabras veciñas

exsudado -da | exsudar | exsurxencia | éxtase | extasiar | extático -ca | extemporaneidade