extensión
(
-
s
f
Acción e efecto de estender ou estenderse.
-
s
f
Movemento en que se estende un membro do corpo.
Ex: Fixo exercicios de flexión e extensión das pernas.
Antónimos: flexión. -
s
f
-
Espacio que ocupa algunha cousa.
Ex: O artigo pode ter unha extensión superior ós trinta mil caracteres.
-
Superficie de terreo.
Ex: Posúen grandes extensións dedicadas ó cultivo do millo.
-
-
s
f
Tempo que dura algo.
Ex: Debido á súa longa extensión, a película facíase pesada.
-
s
f
Liña telefónica interna que depende dunha central.
-
s
f
[FILOS]
Propiedade da materia de estar situada no espazo e ocupar unha porción determinada do mesmo.
-
s
f
[FILOS]
Clase dos obxectos respecto aos que un termo é verdade. Téndese a considerala equivalente á denotación e á referencia e oposta á comprensión e á intención. Desde un punto de vista lóxico, é un ámbito maior ou menor de obxectos ou especies aos que se aplica o concepto.
-
s
f
[FILOS]
Conxunto de individuos comprendidos nunha idea.
-
[LING]
-
s
f
Número de seres aos que un nome pode ser aplicado.
-
extensión de morfema
Separación dunha palabra dunha das súas partes integrantes, que orixina un falso morfema, que se emprega para formar outras palabras. Así, por exemplo, -teiro é un falso sufixo procedente de palabras como zapateiro ou froiteiro, en que existe en realidade o sufixo -eiro, que serviu para formar palabras como viñateiro.
-
extensión de significado
Proceso semántico que se produce nunha palabra que perde o seu significado orixinario e adopta o doutro concepto, normalmente máis xeral. Así, por exemplo, o termo latino SALĪRE tiña o sentido de ‘saltar’ e pasou a significar en galego ‘saír’.
-
s
f
-
s
f
[INFORM]
-
Parte do nome dun arquivo que, formada por tres ou catro letras separadas por un punto do resto dos caracteres, indica teoricamente de qué tipo de arquivo se trata. Por exemplo, o arquivo enciclopedia.doc é un documento de texto; enciclopedia.jpg sería unha fotografía comprimida co formato JPEG. Algúns virus informáticos producen arquivos con extensións doutros, pero en lugar de conteren textos, imaxes ou programas levan copias do propio virus que se executan ao abrilos.
-
Arquivo que funciona como parte do sistema operativo Mac OS para engadirlle a este capacidades adicionais ou personalizar o seu uso.
-
Frases feitas
-
Por extensión. Aplícase ao significado dunha palabra ou expresión que non é o propio pero que garda certa relación con ela.